3/29/2016

O Acuario alcanzou, en marzo, os 5 millóns de visitas desde a súa apertura

Ao longo desta Semana Santa, visitáronnos 19.847 persoas, unha cifra que supón un aumento en máis de 3.000 visitantes respecto ao mesmo período do ano 2015, e a mellor que se rexistra desde 2012. O Aquarium Finisterrae, que no mes de marzo chegou aos 5 millóns de visitas desde a súa apertura en xuño de 1999, foi o museo municipal máis visitado os últimos días. [+]

3/22/2016

Animais mariños que parecen plantas no Aquarium finisterrae

Esta primavera, no Aquarium Finisterrae "florecen" animais mariños que parecen plantas. Unha exposición temporal acuática no tanque cilíndrico da sala Maremagnum. [+]

3/14/2016

Nova edición de «Merendas no Aquarium»

O xoves 17 de marzo abre a preinscrición para unha nova edición de "Merendas no Aquarium Finisterrae". Unha actividade pensada para nenas e nenos de 4 a 13 anos, que realizarán unha actividade e despois merendarán chocolate con churros na cantina do acuario. A primeira sesión terá lugar o 2 de abril e para participar hai que preinscribirse nun formulario online aberto o 17 de marzo de 8:30 a 15:00. [+]