3/14/2016

Nova edición de «Merendas no Aquarium»

O xoves 17 de marzo abre a preinscrición para unha nova edición de "Merendas no Aquarium Finisterrae". Unha actividade pensada para nenas e nenos de 4 a 13 anos, que realizarán unha actividade e despois merendarán chocolate con churros na cantina do acuario. A primeira sesión terá lugar o 2 de abril e para participar hai que preinscribirse nun formulario online aberto o 17 de marzo de 8:30 a 15:00. [+]