3/29/2016

O Acuario alcanzou, en marzo, os 5 millóns de visitas desde a súa apertura

Ao longo desta Semana Santa, visitáronnos 19.847 persoas, unha cifra que supón un aumento en máis de 3.000 visitantes respecto ao mesmo período do ano 2015, e a mellor que se rexistra desde 2012. O Aquarium Finisterrae, que no mes de marzo chegou aos 5 millóns de visitas desde a súa apertura en xuño de 1999, foi o museo municipal máis visitado os últimos días. [+]