4/27/2016

Final Premio Luis Freire na Domus

O sábado 30 ás 10.00 horas na Domus, comeza a final do Premio Luís Freire de Investigación Científica na Escola coa presentación pública, por parte dos escolares seleccionados, das conclusións dos seus traballos. A entrada a este acto é libre e gratuíta. [+]

4/20/2016

Volve o ciclo Spoiler Científico

O sábado 23 de abril na Domus ás 19:30 horas, o astrofísico Borja Tosar e o xornalista científico Xavi Fonseca destripan "A ciencia de Superman" nun novo Spoiler Científico. Pode ter tanta forza un extraterrestre? Que repercusión tería en nós se nos visitase un ser así? [+]

4/19/2016

Taller de introdución á robótica en Domus

Novo taller de introdución á robótica na Domus, impartido por Robotix Galicia, socio certificado de Lego Education, para experimentar coa forza e o movemento, o equilibrio ou a estabilidade. O prazo de preinscrición abre o mércores 20 de abril ás 9:00 horas a través de formulario online [+]

4/17/2016

Pregúntanos sobre a avespa asiática

Os Museos Científicos Coruñeses preparamos unha Monografía de Comunicación Científica sobre a avespa asiática. Por iso pedímosche que participes facéndonos chegar as túas preguntas sobre o tema, a través de formulario electrónico, antes do 20 de abril.  [+]

Xornada popular sobre o ADN na Domus

A Domus acolle o domingo 24 de abril a «Xornada popular sobre a molécula da vida: o ADN», unha acción didáctica e lúdica aberta a todos os públicos, para introducirse no mundo da xenética e a base da vida: o ADN. Para participar é necesario ter máis de 12 anos e realizar unha preinscrición antes de 20 de abril. [+]

Naukas Coruña Neurociencia

O sábado, 11 de xuño, organizamos con Naukas unha xornada especial sobre Neurociencia, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A actividade ten unha sesión de mañá, a partir das 11:00, e outra de tarde, a partir das 16:30. A entrada é libre e gratuíta ata completar o espazo [+]

4/14/2016

Novas sesións de "Aventura coas focas"

O xoves 14 de abril, desde as 9 ata as 15 horas, abre o prazo de preinscrición para unha nova edición da actividade "Aventura coas focas".[+]

4/10/2016

Apúntate á "Viaxe ao centro do Aquarium"

O luns 11 de abril desde as 9 horas abre, a través de formulario online, o prazo de preinscrición nunha nova edición da actividade "Viaxe ao centro do Aquarium". Dirixida a maiores de 14 anos, consiste nunha visita guiada pola zona técnica do Aquarium Finisterrae, incluíndo instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena. Terá lugar sábados e domingos ás 12 horas. [+]

4/08/2016

"Pequenos xigantes", nova película 3D na Domus

A sala de cinema 3D da Domus renova a súa carteleira. Desde o sábado 9 de abril proxéctase a película "Pequenos xigantes", unha aventura en tres dimensións que revela a asombrosa vida dos animais máis diminutos. Sábados e domingos ás 12:00, 13:00, 17:00 e 18:00. De luns a venres ás 17:00. [+]

4/04/2016

Conferencia en Domus sobre as orixes da vida

O xoves 7 de abril, ás 19.30 horas, na Domus. Carlos Briones, investigador no centro de Astrobioloxía (CSIC/INTA), falará sobre "Los primeros pasos de la vida en la Tierra", unha charla na que abordará algunhas das cuestións que máis nos intrigan. [+]