5/30/2016

Aberto o rexistro para Naukas Coruña Neurociencia

O sábado, 11 de xuño, organizamos con Naukas unha xornada especial sobre Neurociencia, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A actividade ten unha sesión de mañá, a partir das 11:00, e outra de tarde, a partir das 16:30. A entrada é gratuíta ata completar o espazo, pero é necesario rexistrarse [+]

5/19/2016

A ciencia de «Star Wars» nun novo Spoiler científico

O sábado 21 de maio ás 19:30 na Domus, o astrofísico Borja Tosar e o xornalista científico Xavi Fonseca destripan unha das sagas máis famosas. Nunha nova entrega do ciclo Spoiler científico, xunto a eles estará unha réplica a tamaño real do robot R2D2, fabricada con material reciclado. [+]

5/18/2016

Convocados os XXIX Premios Prismas á Divulgación Científica

O certame distingue os mellores traballos de divulgación científica nas categorías de artigo xornalístico, libro editado, radio, sitio web/redes sociais, texto inédito e vídeo, ademais do Prisma Especial do Xurado. O prazo de presentación termina o 10 de setembro, salvo para a modalidade de Libro editado que remata o 1 de xullo. [+]

5/13/2016

Falemos de ciencia e arte

Un encontro con tres profesionais que falarán sobre as relacións entre as dúas disciplinas, o mércores 18 de maio, na Domus, ás 19:30 horas[+]

5/07/2016

Observación do tránsito de Mercurio

O luns 9 de maio, de 13 a 19 horas, fronte á Casa das Ciencias, realizarase unha observación pública do tránsito de Mercurio, un fenómeno que ten lugar cando o planeta interponse entre a Terra e o Sol, de tal xeito que tarda varias horas en cruzar dun lado a outro o disco solar.[+]

5/01/2016

XXI Día da Ciencia na Rúa

O sábado 7 de maio, de 11:00 a 19:00 no Parque de Santa Margarita, celebramos o XXI Día da Ciencia na Rúa. Centos de estudantes e profesores de 29 centros educativos, así como membros de numerosas entidades encherán con actividades as carpas e espazos de lecer instalados nas inmediacións da Casa das Ciencias. [+]