10/27/2016

NanoDía na Domus o sábado 29 de outubro

No NanoDía poderase explorar, da man do equipo investigador do CICA (Centro de Investigacións Avanzadas da UDC) experimentos e xogos que exploran os mecanismos e fenómenos do máis pequeno. As actividades desenvolveranse de 11:30 a 14 horas e de 16 a 19, na Domus. [+]

10/26/2016

O venres 28 abre o prazo para "Aventura coas focas" de novembro

O venres 28 de outubro abre o prazo de inscrición, a través de formulario online, para as sesións de novembro de "Aventura coas focas". Nesta convocatoria ofrécense 60 prazas (10 participantes por día) para as sesións que terán lugar os días 5, 6, 19, 20, 26 e 27 de novembro. A actividade celebrarase sábados e domingos ás 11 horas, e está dirixida a nenos e nenas maiores de 7 anos, que deben asistir cunha persoa adulta. [+]

10/25/2016

Talleres do Festival Mar de Mares no Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae acolle do 25 ao 31 de outubro ata as 13:30 o programa «O mar a fondo», dentro do Festival Mar de Mares, que consiste nunha serie de talleres impartidos polo Centro Superior de Investigacións Científicas e o Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona. O obxectivo é fomentar o coñecemento dos mares dunha forma práctica e teórica. [+]

10/21/2016

Sesións de novembro de Merendas no Aquarium Finisterrae

O luns 24 de outubro abre o prazo de preinscrición para as novas sesións que se celebrarán no mes de novembro de 2016, que contarán cun total de 120 prazas. Pensadas para nenas e nenos de entre 4 e 13 anos, que realizarán unha actividade e despois merendarán chocolate con churros na cantina do acuario [+]

10/19/2016

A Domus, unha das cinco sedes do proxecto internacional World Biotech Tour

A Domus foi seleccionada para acoller as actividades do World Biotech Tour que se desenvolverán entre abril e maio de 2017 na Coruña, cun festival sobre biotecnoloxía de 3 días no museo e outras actividades externas. [+]

10/15/2016

Gañadores do Premio Prismas 2016

Un vídeo que descobre a vida dunha bacteria intestinal, unha web que reivindica a ciencia como parte da cultura, un texto inédito que describe como o caos e os fractales axudan a desentrañar a complexidade, un libro que aborda en profundidade a orixe do universo, da vida e da nosa especie, un artigo xornalístico que trata sobre a anestesia, e unha peza radiofónica sobre a posibilidade de manipular a memoria obtiveron os Prismas de Bronce desta 29 convocatoria. O Prisma Especial do Xurado foi para a revista Astronomía. [+]

10/07/2016

Aventura coas focas

O luns 10 de outubro abre a preinscrición para novas sesións da actividade na que se poderá participar nas tarefas de preparación da comida das focas do Aquarium e na súa alimentación. [+]