12/29/2017

Película experimental para planetarios na Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias estrea a película experimental para planetarios Fogos. Gravada durante os fogos artificiais das festas de San Xoán da Coruña desde a perspectiva dos pirotécnicos, esta produción propón gozar de mirar e escoitar, a esencia mesma das artes e ciencias do cinema. Poderá verse desde o 3 de xaneiro, gratis coa entrada ao museo. [+]

12/27/2017

"A pantasma do universo", novo programa de planetario

A Casa das Ciencias estrea un novo documental inmersivo no planetario titulado "A pantasma do universo". Trátase dunha produción do Observatorio Austral Europeo (ESO) sobre a materia escura, un tipo de materia da que descoñecemos case todo pero que é moito máis abundante no universo que a materia común que compón os planetas, as estrelas e as nubes de gas e po. [+]

12/23/2017

"Mar de Plástico", nova exposición no Aquarium Finisterrae

Para concienciar á cidadanía sobre o gran problema ecolóxico, ambiental e socioeconómico que supón o lixo plástico mariño, o Aquarium Finisterrae organiza e exhibe a exposición “Mar de Plástico”. Producida pola Asociación Mar de Fábula e o colectivo RetoqueRetro, a mostra contén 85 obras artísticas realizadas con materiais plásticos recuperados como lixo nas praias galegas. [+]

12/01/2017

Durmindo con tiburóns no Aquarium Finisterrae

Durante as vacacións escolares do Nadal, os nenos e nenas de entre 7 e 11 anos teñen unha cita con "Durmindo con tiburóns". Unha actividade na que se realizan diferentes talleres relacionados coa bioloxía dos tiburóns e terminan durmindo na Sala Nautilus. A preinscrición abre o luns 4 de decembro de 10:00 a 12:00, través do formulario en liña. [+]

11/30/2017

Misión secreta na Domus

A Domus celebra unha actividade para público familiar os días 7, 8 e 9 de decembro, un xogo de escape no que os participantes terán que atopar pistas escondidas ou resolver situacións inesperadas para completar a misión secreta nun brazo límite. A preinscrición abre o 1 de decembro ás 10 da mañá, a través do formulario electrónico [+]

11/27/2017

Aberta a XIX convocatoria do Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

A participación está aberta en dúas modalidades: unha para proxectos de investigación científica realizados nas aulas de Educación Primaria, e outra dirixida a alumnado de Educación Secundaria. O prazo de presentación de propostas de investigación está aberto ata o 29 de decembro de 2017 [+]

11/18/2017

Ciclo mes escéptico 2017

A Domus acolle, entre o 22 de novembro e o 20 de decembro, un ciclo de conferencias, organizadas en colaboración co Círculo Escéptico, nas que se pon o punto crítico sobre diferentes temas abordados desde a perspectiva científica. As charlas terán lugar os días 22 e 29 de novembro e 13 e 20 de decembro. [+]

11/15/2017

Xornada micolóxica na Casa das Ciencias

O domingo 19 de novembro de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, a sala de actividades da Casa das Ciencias, no seu edificio satélite, acogerá unha xornada gratis sobre micoloxía dirixida a persoas de todas as idades. Haberá catro actividades, impartidas por estudantes universitarios da asociación UDCbigbang. [+]

11/11/2017

30 anos de Prismas á Divulgación

Para celebrar os primeiros 30 anos do premio Prismas Casa das Ciencias á Divulgación, organizamos un programa de actividades dirixidas a toda a cidadanía, que se estenderá durante a Semana da Ciencia do 13 ao 19 de novembro. Charlas, espectáculos científicos, presentación literaria, sorteo... e por suposto, a entrega dos Prismas 2017 o sábado 18 de novembro. [+]

11/09/2017

Monografía sobre incendios forestais

Estamos a preparar unha Monografía de Comunicación Científica sobre incendios forestais. Coa intención de dar resposta á cidadanía, pedímosche que nos fagas chegar as túas dúas preguntas máis importantes sobre este tema a través dun formulario electrónico. Tamén podes deixar as túas cuestións na recepción da Casa das Ciencias, Domus ou Aquarium Finisterrae. [+]

11/06/2017

Feira de tecnoloxía aberta OSHWDem na Domus

Por sexto ano consecutivo, a asociación de makers Bricolabs organiza a Feira OSHWDem de tecnoloxía aberta, que se celebra cada ano na Domus. Con este motivo, a entrada a este museo científico o 11 de novembro será gratis de 10:00 a 20:00. [+]

10/11/2017

Talleres da actividade "Mensaxe nunha botella" no Aquarium

O venres 13 de outubro de 10.30 a 19 horas, o Aquarium Finisterrae acollerá varios talleres abertos ao público relacionados coa actividade "Mensaxe nunha botella". Esta é unha iniciativa que se engloba dentro dun proxecto europeo Horizon 2020, Sea Change, que ten como obxectivo lograr un cambio radical na forma que a xente ve o océano e como se relaciona con el. [+]

10/05/2017

Novas sesións de "Viaxe ao centro do Aquarium"

Mañá, venres 6 de outubro, abre a preinscrición para as sesións de outubro, novembro e decembro de 2017 de "Viaxe ao centro do Aquarium". Esta actividade está dirixida a persoas maiores de 14 anos, celebrarase sábados e domingos ás 12 horas e consiste nunha visita guiada pola zona técnica do Aquarium Finisterrae. Para participar hai que preinscribirse, a partir das 10 horas do venres 6 de outubro de 2017, a través dun formulario online. [+]

9/27/2017

Festival World Biotech Tour na Domus

O sábado 30 de setembro, a Domus celebra unha xornada gratis con motivo do festival World Biotech Tour. Será un día de portas abertas de 10 a 19 horas, que acollerá numerosas actividades relacionadas coa biotecnoloxía para todos os públicos, desde un taller de grafiti, ata unha gymkana, un café científico ou un espectáculo coa ciencia como argumento. [+]

9/22/2017

Preinscricións taller Grafiti-biotec

Actividade dirixida a persoas maiores de 12 anos, terá lugar o 30 de setembro na Domus dentro do Festival "World Biotech Tour". Para participar é preciso solicitar praza previamente a través dun formulario on line dispoñible a partir das 10 horas do martes 26 de setembro.[+]

"Storytelling: En la orilla", pola fotógrafa Cristina Mittermeier

A charla será o venres 22 de setembro, na Domus, dentro da programación do festival “Mar de Mares” en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses[+]

9/16/2017

Dictame do Xurado dos Prismas á Divulgación 2017

O Xurado dos XXX Prismas Casa das Ciencias á Divulgación ditaminou os gañadores nas sete modalidades destes premios[+]

9/15/2017

O festival "World Biotech Tour" chega á Domus o 29 e 30 de setembro

O sábado 30 celebraranse talleres e actividades para todos os públicos, mentres que o venres 29 será para os grupos escolares[+]

9/13/2017

Presentación da edición en galego da obra de Einstein

O Planetario da Casa das Ciencias acollerá o venres 15 de setembro, ás 20 horas, a presentación do libro “Verbo da Teoría da relatividade restrinxida e xeral”.[+]

8/13/2017

A eclipse de Sol do 21 de agosto no Planetario

Programación especial do 14 ao 21 de agosto con sesións en directo dedicadas a eclipse solar e a estrea de “A voltas co Sol”, un audiovisual para planetarios do Observatorio Austral Europeo [+]

8/04/2017

Choiva de estrelas das Perseidas no Planetario

Do 7 ao 13 de agosto as sesións en directo das 13.00 e 18.00 horas no Planetario da Casa das Ciencias están dedicadas á choiva de estrelas fugaces das Perseidas. Este ano a corrente de meteoros alcanza o seu punto álxido o 12 de agosto, cando poden chegar a verse máis de cen á hora. [+]

7/21/2017

"A astronomía como cha contan" na Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias presenta unha exposición sobre a astronomía e a exploración espacial nos medios de comunicación e as redes sociais, que inclúe sorprendentes elementos interactivos, ademais de espectaculares obxectos como un fósil de dinosauro ou unha peza dunha nave espacial soviética que en 1965 caeu no sur de España. [+]

7/03/2017

Fotógrafos da Natureza 2017

A sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae acolle a exposición Fotógrafos da Natureza 2017, coas fotografías galardoadas na edición do 2016 do concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year. [+]

6/08/2017

Mensaxe nunha botella

“Mensaxe nunha botella” é o título dun evento participativo que se inicia coa viaxe de diferentes botellas ecolóxicas ao longo do territorio español e no que participan os Museos Científicos Coruñeses[+]

5/17/2017

Día Internacional dos Museos

Para conmemorar o Día Internacional dos Museos 2017, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae celebran unha xornada gratis o xoves 18 de maio desde as 11:00 ata as 19:00 (o Aquarium Finisterrae pecha o acceso ao público ás 18:00) [+]

5/01/2017

XXII Día da Ciencia na Rúa

O XXII Día da Ciencia na Rúa terá lugar o vindeiro sábado 6 de maio no Parque de Santa Margarita de 11:00 a 19:00. Os 3 Museos Científicos Coruñeses súmanse cunha xornada de ENTRADA GRATUÍTA desde as 11 da mañá. [+]

4/28/2017

Repasa as nosas actividades e horarios

Descobre todas as nosas actividades, e revisa os seus horarios, para programar a túa visita para este fin de semana longo. As mesma axenda manterase durante o mes de maio. [+]

4/27/2017

Final do Premio Luis Freire na Domus

O sábado, 29 de abril, a partir das 11 da mañá, a Domus acolle a final do XVIII Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola, nun acto aberto ao público. Os finalistas son estudantes de diversas localidades galegas que defenderán os seus traballos na modalidade de Investigación Científica, e tres profesoras de Educación Primaria de Carral, Ferrol e Miño. [+]

4/22/2017

O domingo 23, cortado o acceso en vehículo á Domus e ao Aquarium

Debido á celebración da VI Maratón Atlántica, este domingo, 23 de abril de 2017, o acceso en vehículo ao Aquarium Finisterrae e á Domus non será posible entre as 8.00 e as 14.00, polo que recomendamos aos nosos visitantes que acudan a pé á Casa do Home e á Casa dos Peixes. [+]

3/30/2017

Final de prazo para presentarse ao Premio Luis Freire

O luns 3 de abril acaba o prazo para presentar traballos ao Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola. Este premio recoñece as investigacións realizadas por escolares en dúas modalidades de investigación científica: as levadas acabo en aulas de Educación Primaria e as desenvolvidas por alumnos de Educación Secundaria. [+]

3/24/2017

Merendas no Aquarium de abril

O martes 28 de marzo a las 10:00 ábrese o prazo de preinscrición, a través de formulario online, para as sesións de abril de Merendas no Aquarium, que se celebrarán os días 1, 2, 8, 9, 22, 23, 29 e 30 de abril de 2017, cun total de 160 prazas (20 por día). [+]

3/21/2017

Sesións en abril de "Aventura coas focas"

O xoves 23 de marzo abre a preinscrición, a través de formulario online, para as sesións de abril de "Aventura coas focas". Nesta convocatoria ofrecemos 80 prazas (10 participantes por día) para as sesións que terán lugar os días 1, 2, 8, 9, 22, 23, 29 e 30 de abril. [+]

3/17/2017

Viaxe ao centro do Aquarium

O luns 20 de marzo a partir das 10:00 abre a preinscrición para as sesións de abril, maio e xuño de "Viaxe ao centro do Aquarium Finisterrae". Unha actividade dirixida a persoas maiores de 14 anos, que se celebra sábados e domingos ás 12 horas. Para participar hai que preinscribirse a través de formulario electrónico. [+]

3/03/2017

Regresa Spoiler científico con «Star wars»

O sábado 11 de marzo ás 17:30 na Domus, estrea en 2017 do ciclo Spoiler científico coa Ciencia de Star wars. Nesta ocasión, o astrofísico Borja Tosar e o xornalista científico Xavi Fonseca estarán acompañados pola Tropa Korribán e unha réplica a tamaño real do robot R2D2. [+]

2/22/2017

Conferencia de Erwin Neher, Premio Nobel de Medicina

Falará sobre “Canles de ións: o seu descubrimento e o seu papel en farmacoloxía e biomedicina”. Na Domus, o xoves 23 de febreiro, ás 19.30 horas. [+]

‘Los nativos digitales no existen’: presentación-coloquio

Na Domus o venres 24 de febreiro, coa participación de Susana Lluna e Javier Pedreira (Wicho), coordinadores do libro, e moderado por Víctor Salgado, avogado especialista en internet e novas tecnoloxías.[+]

2/21/2017

Sesións de marzo de Aventura coas focas

O xoves 23 de febreiro ábrese a preinscrición para as sesións que se celebrarán no mes de marzo de 2017[+]

2/16/2017

Comeza o World Biotech Tour 2017

O programa iníciase coa participación dos embaixadores, trece alumnos e alumnas de cinco institutos galegos que traballarán en diversos proxectos de biotecnoloxía que serán presentados nun festival na Domus en abril[+]

2/09/2017

A OceanoSfera do Aquarium presenta dous novos audiovisuais

A película ‘Loop’, producida pola NASA, presenta fenómenos que suceden a escala global, mentres que ‘Mr.Goodfish’ achega unha reflexión sobre o consumo e pesca sostible de especies mariñas[+]

2/08/2017

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Con motivo desta celebración, a Domus acolle o sábado 11 de febreiro unha sesión de charlas a partir das 16.30 horas[+]

1/27/2017

Viaxe ao centro do Aquarium

O martes 31 de xaneiro ábrese a preinscrición para as novas sesións que se celebrarán no mes de febreiro de 2017[+]

1/22/2017

Novas sesións de "Aventura coas focas"

O xoves 26 de xaneiro ábrese a preinscrición para as sesións que se celebrarán no mes de febreiro de 2017[+]

1/21/2017

Naukas Coruña 2017: A vida, o universo e todo o demáis

O teatro Rosalía de Castro acollerá o día 25 de febreiro a xornada de charlas científicas 'Naukas Coruña 2017', que organizan os Museos Científicos Coruñeses xunto con Naukas. A xornada terá carácter gratuíto pero require rexistrarse+]

1/16/2017

Risco cardiovascular tras a menopausa. ¿Qué relevancia ten e como previlo?

Conferencia na Domus o mércores 18 de xaneiro, ás 19 horas, a cargo da Dra. Marisa Crespo-Leiro, responsable da Unidade de Insuficiencia Cardíaca Avanzada e Transplante Cardíaco do CHUAC [+]

1/13/2017

Mexiilón de Galicia

A sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae acolle unha exposición de fotografías de Xurxo Lobato para dar a coñecer o que representa a marca "Mexillón de Galicia" [+]

1/02/2017

Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

A participación está aberta en dúas modalidades: unha para proxectos de investigación científica realizados nas aulas de Educación Primaria, e outra dirixida a alumnado de Educación Secundaria. O prazo de presentación de propostas de investigación está aberto ata o 13 de xaneiro de 2017 [+]