4/28/2017

Repasa as nosas actividades e horarios

Descobre todas as nosas actividades, e revisa os seus horarios, para programar a túa visita para este fin de semana longo. As mesma axenda manterase durante o mes de maio. [+]

4/27/2017

Final do Premio Luis Freire na Domus

O sábado, 29 de abril, a partir das 11 da mañá, a Domus acolle a final do XVIII Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola, nun acto aberto ao público. Os finalistas son estudantes de diversas localidades galegas que defenderán os seus traballos na modalidade de Investigación Científica, e tres profesoras de Educación Primaria de Carral, Ferrol e Miño. [+]

4/22/2017

O domingo 23, cortado o acceso en vehículo á Domus e ao Aquarium

Debido á celebración da VI Maratón Atlántica, este domingo, 23 de abril de 2017, o acceso en vehículo ao Aquarium Finisterrae e á Domus non será posible entre as 8.00 e as 14.00, polo que recomendamos aos nosos visitantes que acudan a pé á Casa do Home e á Casa dos Peixes. [+]