4/27/2017

Final do Premio Luis Freire na Domus

O sábado, 29 de abril, a partir das 11 da mañá, a Domus acolle a final do XVIII Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola, nun acto aberto ao público. Os finalistas son estudantes de diversas localidades galegas que defenderán os seus traballos na modalidade de Investigación Científica, e tres profesoras de Educación Primaria de Carral, Ferrol e Miño. [+]