9/27/2017

Festival World Biotech Tour na Domus

O sábado 30 de setembro, a Domus celebra unha xornada gratis con motivo do festival World Biotech Tour. Será un día de portas abertas de 10 a 19 horas, que acollerá numerosas actividades relacionadas coa biotecnoloxía para todos os públicos, desde un taller de grafiti, ata unha gymkana, un café científico ou un espectáculo coa ciencia como argumento. [+]

9/22/2017

Preinscricións taller Grafiti-biotec

Actividade dirixida a persoas maiores de 12 anos, terá lugar o 30 de setembro na Domus dentro do Festival "World Biotech Tour". Para participar é preciso solicitar praza previamente a través dun formulario on line dispoñible a partir das 10 horas do martes 26 de setembro.[+]

"Storytelling: En la orilla", pola fotógrafa Cristina Mittermeier

A charla será o venres 22 de setembro, na Domus, dentro da programación do festival “Mar de Mares” en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses[+]

9/16/2017

Dictame do Xurado dos Prismas á Divulgación 2017

O Xurado dos XXX Prismas Casa das Ciencias á Divulgación ditaminou os gañadores nas sete modalidades destes premios[+]

9/15/2017

O festival "World Biotech Tour" chega á Domus o 29 e 30 de setembro

O sábado 30 celebraranse talleres e actividades para todos os públicos, mentres que o venres 29 será para os grupos escolares[+]

9/13/2017

Presentación da edición en galego da obra de Einstein

O Planetario da Casa das Ciencias acollerá o venres 15 de setembro, ás 20 horas, a presentación do libro “Verbo da Teoría da relatividade restrinxida e xeral”.[+]