10/11/2017

Talleres da actividade "Mensaxe nunha botella" no Aquarium

O venres 13 de outubro de 10.30 a 19 horas, o Aquarium Finisterrae acollerá varios talleres abertos ao público relacionados coa actividade "Mensaxe nunha botella". Esta é unha iniciativa que se engloba dentro dun proxecto europeo Horizon 2020, Sea Change, que ten como obxectivo lograr un cambio radical na forma que a xente ve o océano e como se relaciona con el. [+]

10/05/2017

Novas sesións de "Viaxe ao centro do Aquarium"

Mañá, venres 6 de outubro, abre a preinscrición para as sesións de outubro, novembro e decembro de 2017 de "Viaxe ao centro do Aquarium". Esta actividade está dirixida a persoas maiores de 14 anos, celebrarase sábados e domingos ás 12 horas e consiste nunha visita guiada pola zona técnica do Aquarium Finisterrae. Para participar hai que preinscribirse, a partir das 10 horas do venres 6 de outubro de 2017, a través dun formulario online. [+]