11/11/2017

30 anos de Prismas á Divulgación

Para celebrar os primeiros 30 anos do premio Prismas Casa das Ciencias á Divulgación, organizamos un programa de actividades dirixidas a toda a cidadanía, que se estenderá durante a Semana da Ciencia do 13 ao 19 de novembro. Charlas, espectáculos científicos, presentación literaria, sorteo... e por suposto, a entrega dos Prismas 2017 o sábado 18 de novembro. [+]