12/29/2017

Película experimental para planetarios na Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias estrea a película experimental para planetarios Fogos. Gravada durante os fogos artificiais das festas de San Xoán da Coruña desde a perspectiva dos pirotécnicos, esta produción propón gozar de mirar e escoitar, a esencia mesma das artes e ciencias do cinema. Poderá verse desde o 3 de xaneiro, gratis coa entrada ao museo. [+]

12/27/2017

"A pantasma do universo", novo programa de planetario

A Casa das Ciencias estrea un novo documental inmersivo no planetario titulado "A pantasma do universo". Trátase dunha produción do Observatorio Austral Europeo (ESO) sobre a materia escura, un tipo de materia da que descoñecemos case todo pero que é moito máis abundante no universo que a materia común que compón os planetas, as estrelas e as nubes de gas e po. [+]

12/23/2017

"Mar de Plástico", nova exposición no Aquarium Finisterrae

Para concienciar á cidadanía sobre o gran problema ecolóxico, ambiental e socioeconómico que supón o lixo plástico mariño, o Aquarium Finisterrae organiza e exhibe a exposición “Mar de Plástico”. Producida pola Asociación Mar de Fábula e o colectivo RetoqueRetro, a mostra contén 85 obras artísticas realizadas con materiais plásticos recuperados como lixo nas praias galegas. [+]

12/01/2017

Durmindo con tiburóns no Aquarium Finisterrae

Durante as vacacións escolares do Nadal, os nenos e nenas de entre 7 e 11 anos teñen unha cita con "Durmindo con tiburóns". Unha actividade na que se realizan diferentes talleres relacionados coa bioloxía dos tiburóns e terminan durmindo na Sala Nautilus. A preinscrición abre o luns 4 de decembro de 10:00 a 12:00, través do formulario en liña. [+]