1/24/2018

Novas sesións de "Aventura coas focas"

O luns 29 de xaneiro ás 10:00 abre o prazo para preinscribirse nas sesións de Aventura coas focas dos meses de febreiro e marzo. Esta é unha actividade do Aquarium Finisterrae dirixida a nenos e nenas maiores de 7 anos, que deberán asistir acompañados dunha persoa adulta. A experiencia inclúe participar na elaboración da comida e na alimentación das focas. [+]

1/19/2018

Taller de arte efémera no Aquarium

O Aquarium Finisterrae organiza dous talleres de arte efémera para público familiar no que se poderán elaborar pequenas obras artísticas utilizando residuos plásticos recuperados das praias. Para participar é necesario realizar unha preinscrición a través dun formulario electrónico que se abrirá o luns 22 de xaneiro ás 10 horas.  [+]

1/12/2018

Taller infantil audiovisual na Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias organiza o taller infantil "As cores da luz", que terá lugar en dúas quendas, os días 21 e 28 de xaneiro de 2018 de 10 a 14 horas, dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 8 anos. Para participar hai que preinscribirse previamente a través de formulario electrónico, desde o luns 15 de xaneiro ás 10 horas. [+]

1/09/2018

Ampliado o prazo premio Luis Freire

Ampliamos o prazo para presentar preguntas e participar no premio Luís de Investigación Científica na Escola ata O VENRES 12 DE XANEIRO. Este Premio ten dúas modalidades. Se queres participar, o primeiro paso é coñecer a modalidade máis adecuada ao teu interese; logo pensar nunha pregunta á que queiras dar resposta e que teña relación con feitos ou procesos do noso ámbito máis inmediato e da vida cotiá. [+]

1/07/2018

Conferencia de Moncho Núñez no Aquarium Finisterrae

O vindeiro xoves, 11 de xaneiro, ás 19:00 no Aquarium, o exdirector dos Museos Científicos Coruñeses e do Muncyt, Ramón Núñez Centella, ofrecerá unha conferencia sobre a importancia da aprendizaxe ao longo da vida, e máis en concreto no campo das ciencias. Esta charla forma parte dun ciclo de conferencias organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias con motivo do seu 25 aniversario. [+]