2/17/2018

Presentación de libro de divulgación na Domus

O martes 20 de febreiro ás 19:30, a Domus acolle a presentación do último libro da química coruñesa Deborah García Bello. En «¡Que se le van las vitaminas! Mitos y secretos que solo la ciencia puede resolver», a divulgadora debulla como unha mentira repetida un millón de veces acaba parecendo unha verdade. [+]

2/15/2018

Viaxe ao centro do Aquarium Finisterrae

O luns 19 de febreiro, ábrese a preinscrición a través de formulario en liña para as sesións de febreiro e marzo desta actividade. Unha visita guiada pola zona técnica do Aquarium Finisterrae, que inclúe instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena. Dirixida a persoas maiores de 14 anos, celebrarase sábados e domingos ás 12 horas. [+]

2/12/2018

“Proteínas HMGB en la regulación de genes y la reparación del ADN”

Conferencia na Domus, o xoves 15 de febreiro ás 19.30 horas. A cargo de Esperanza Cerdán, investigadora da Universidade da Coruña, que explicará a importancia dun grupo de proteínas, chamadas HMGB, para o tratamento do cancro e outras enfermidades dexenerativas asociadas coa idade. [+]

2/09/2018

I Xornada de Neurocientíficas na Domus

Para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena, a Domus acolle o luns 12 de febreiro ás 19:00 a I Xornada de Neurocientíficas, que ten como obxectivo concienciar á comunidade neurocientífica, pero tamén á científica en xeral, de que a participación da muller non debe ser a excepción, senón a norma. Para iso, as charlas que compoñen esta xornada serán ofrecidas por mulleres en diferentes estadios da súa carreira profesional. [+]

2/02/2018

Sesións de Merendas no Aquarium de febreiro e marzo

O luns 5 de febreiro ás 10:00 ábrese o prazo de preinscrición para as novas sesións que se celebrarán en febreiro e marzo de 2018, cun total de 240 prazas. Para participar nas Merendas hai que preinscribirse a través de formulario en liña. [+]