3/28/2018

Actividade sobre contaminación lumínica no Planetario

Baixo o título «A noite é necesaria», o vindeiro sábado 31 de marzo, ás 19.30 horas, o Planetario da Casa das Ciencias ofrecerá unha actividade gratuíta sobre contaminación lumínica e protección do ceo escuro, na que conflúen diversas iniciativas, tanto municipais como cidadás. [+]

3/26/2018

Ciclo de música electrónica no Planetario

Vortex-The Seasons é unha aposta para achegar ao público a interesante comuñón entre a música electrónica de corte experimental e a visualización de imaxes proxectadas sobre a cúpula do Planetario. O ciclo contará con catro sesións, a primeira das cales se celebrará o 6 de abril. Para acudir hai que reservar antes entrada a través de formulario electrónico [+]

3/21/2018

Spoiler científico de marzo

O sábado 24 de marzo ás 19:30 na Domus, un novo Spoiler científico destripa A ciencia dos extraterrestes no cinema. Tentamos comunicarnos con eles en «Contact» e «Arrival», viñeron en son de paz en «Mars attack» ou estaban entre nós en «Men in black». Esta actividade está recomendada para persoas a partir de 12 anos. [+]

3/07/2018

«Misión secreta» na Domus os sábados

De marzo a abril, a Domus celebra sesións dun xogo de escape os sábados. A actividade está dirixida a público familiar, con nenos e nenas a partir de 8 anos (sesións ás 17 h), que deben participar en compañía dunha persoa adulta. Tamén haberá unha sesión para público novo, de 12 a 18 anos, ás 18 horas. A preinscrición abre o venres 9 de marzo a través de formulario en liña. [+]

Charla de Ángel Carracedo na Domus

O vindeiro xoves, 8 de marzo, o Dr. Carracedo ofrecerá a charla titulada «Hacia donde vamos: las fronteras genéticas de la humanidad», dentro do ciclo de conferencias organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias con motivo do o seu 25 aniversario. [+]

3/05/2018

Aberta a convocatoria dos Prismas 2018

O Premio Prismas Casa das Ciencias distingue, desde hai 31 anos, os mellores traballos de divulgación científica. Este ano as categorías son artigo xornalístico, libro editado, radio, sitio web/rede social, texto inédito e video, ademais do Premio Especial do Xurado. O prazo para a presentación finaliza o 31 de xullo, agás a categoría de libro editado que finaliza o 30 de xuño. [+]

3/02/2018

O Aquarium Finisterrae mostra un exemplar de esturión

O peixe, capturado sen vida por un pesqueiro fronte á costa coruñesa, foi conservado para a súa exposición na sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae. O esturión europeo era moi abundante no río Miño, pero desapareceu das augas galegas a principios dos anos sesenta do sécalo pasado. [+]

Horario de primavera

Do 1 de marzo ao 30 de xuño, o tres Museos Científicos Coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae) abren de luns a domingo de 10:00 a 19:00. [+]