4/20/2018

«Stem discovery week» na Domus

A Domus participa na semana do 23 de abril na Stem Discovery Week, unha iniciativa internacional que convida a escolas e organizacións a celebrar actividades relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas. A campaña de 2018 conta xa con 424 actividades educativas rexistradas en 34 países de todo o mundo, entre elas os talleres científicos da Domus, que realizarán escolares de Galicia entre o 23 e o 27 de abril. [+]